miércoles 18 de noviembre de 2009

Matar a todos

Joder, tremendisima parrafada acabo de largar na páxina de Cesures, pero e que hoxe é un día destes nos que... en fin, hai que matar. Deixovos coa parrafada

Que hai peña. Permitideme que me explaie un pouquiño. O tema é o seguinte:


Vos supoñedevos que un frío martes pola mañá vos levantades, tomades o voso tazón de leite con colacao (ou nesquik, nesta suposición é bastante indiferente) e, como estades no paro pois vedes como pasa a mañá pola fiestra. O carteiro, como vives na zona alta da aldea, pasa pola túa casa a deixar ó correo sobre o mediodía e atopaste cunha carta certificada do INEM ou da Seguridade Social, non estou moi seguro de que poñía no sobre, pero bueno, o tema é que che chega a carta de marras. Atopaste con dous folios, o primeiro deles unha carta na que se che cita no centro social o venres pola mañá, advertindote claramente que tes que levar unha documentación determinada (que se indica no segundo folio), ou serás directamente excluido das probas de selección. Colles o segundo folio (todo sexa dito, marabillosamente escrito en comic sans, formato no que tamén chegou a carta avisando da existencia do obradoiro de traballo) e atopaste que che piden:


-Dúas fotocopias do DNI (non hai fallo, teño DNI e están ahí o lado tanto a de Palermo como a de Cativos, e xa sei que non debería dicir empresas pero non sei en que máis sitios da aldea pode un facer fotocopias).

-Fotocopia do título que acredite os teus estudios (non hai fallo, teño estudios e teño un título que como tiven que pagar por el haberalle que dar uso. Por outra parte a de Palermo e a de Cativos seguen no mismo sitio).

-Acreditación de invalidez, no caso de que así fora (afortunadamente non é o caso, pero fixome pensar que tal vez a carta era estandar para todolos candidatos)

-Unha vida laboral actualizada (aquí é onde esta o fallo).

Supoñamos que nese momento eu carecía do que ven sendo unha vida laboral. Vida laboral ter tiven, porque de vendimar e poñer as patacas non houbo quen me librara, e de feito ata tiven algún traballo remunerado no sector da hostelería e si me apuras ata do artisteo. Curiosamente nos 11 anos que levo facendo "extras" que lle chaman, pois coticei en menos ocasións que as veces que asistín a cenas de empresa (dende aquí quero pedír un aplauso ós patronos do gremio polo ben que nos tratan). A última vez que coticei corría o feliz ano 2002 polo que conseguir unha vida laboral actualizada era cuestión de personarse na seguridade social e contarlles a miña vida, para que eles me contaran tamén a miña vida. Como era xa mediodía e as patacas estaban listas (e a oficina pechada) houbo que esperar ó mercores para personarse alí e solicitar o documento que nos atañe. Como estou concienciado co tema do cambio climatico (de feito para reducir o consumo de papel que leva á tala de arboles en brasil eu fumo en pipa) pois decidín ir en tren. Na estación había caras coñecidas coas que comentei esta suposta situación miña (recordemos que é suposto todo). Eles curiosamente tamén se atopaban no mesmo caso. Cando cheguei alí dixeronme que a vida laboral solicitase por telefono ou a través de internet e que cha remiten nunha semana máis ou menos. Pero claro, si e menos se cadra teño suerte. Si é maior ou igual pois eso, que gracias por participar. Comenteillo é dixome que no podía facer nada por axilizar o tramite, posto que a vida laboral enviana dende a cápital (Madrid, para os que non sexades de aquí). Sen embargo surxiu unha nova opción, obter un certificado dixital para descargala directamente dende a web da seguridade social. volvín a casa e mirei de conectarme para seguir o tramite (é o que ten estar no paro, que ten un tempo para todo). Resulta que o certificado este de marras é para que cando te conectes a internete, as páxinas así oficiales e tal, pois reconoza que te chamas Moisés Barreiro Castro (no meu caso claro), numeritos tipo DNI, telefono, dirección, que si son un tipo marabilloso, etc. O procedemento para conseguir o certificado dixital é o seguinte:

1) Fas dende a web a solicitude. A web devolveche un código de nove números.

2) Vaste outra vez a villagarcía (e despóis querennos quitar o tren, coa vidilla que lle dou eu...) e alí co codigo ese e mailo DNI recoñecen quen es, e que si que che poden dar o certificado.

3) Esperas 24 horas e xa o podes descargar dende a web, coa extraña condición que o fagas dende o mesmo ordenador dende o que solicitaches o código (cousa que, por outra parte, descubrín fai uns minutos).

Pois moi ben, eu como son obediente pedín o codigo, volvín para alí e anda coño, máis peña de Cesures acordandose de todos aqueles funcionarios que non tiveron a ben (tendo en conta que era unha carta estandar e que os requisitos eran de sobra coñecidos dende un primeiro momento) informar con anterioridade de que requisitos se pedirían en caso de seren seleccionados pola oficina de emprego. Alí atendeume un señor calvo e non moi simpático (o que ven sendo un funcionario como Dios manda) pero eso sí, eficiente (o que me fixo desconfiar, seguramente sexa un substituto). Pode ser que estivera queimado co tema do certificado, posto que diante miña había unha clase dun instituto de Vilaxoan que tiña como deberes conseguir o certificado de marras. O funcionario arregloumo todo, todo y todo, e ademáis nun momentiño. O problema e que tiña a impresora medio escarallada, e como tiña que imprimir uns papeles para que llos firmara pois deulle a cancelar, e empezamos de novo. Pero claro, a miña solicitude estaba xa cursada, polo que houbo que cursar unha nova (seica, eu destes temas burocráticos non sei nada). Dixome que fora a casa e solicitara un novo codigo. Cando me tocan as pelotas e fai frío inchanme bastante rápido, e hoxe facía frío, asique ían aflorando en min as ganas de matar (de feito agora mismo estou buscando unha escopeta en e-bay, ou no seu defecto unhas clásicas botas art, para pisar cabezas). Eu comenteille amablemente ó señor que ben podía solicitar o codigo alí e aforrabame un viaxe, o que el contestou, anda, pois tes razón. Craso erro. Como ben dixen antes o certificado hai que descargalo dende o ordenador que se solicita, e como o solicitou alí, maña terei que darme outro bo paseo ata alí a comentarlle ó fulano: "oes, deixasme o teu ordenador para descargar unha cousa e botar un solitario spider". Eu aposto a que me ha de mandar ó carallo (de feito eu faríao). Pero intentar intentareino, que ó parecer é o que me queda, dado que o homiño do concello que escribe con comic sans parece ser que non puido poñer un aviso coa documentación que se requiriría. Ahora mismo é que estou falando dende a mala ostia, pero que quede claro que non teño nada contra ninguén, simplemente jodeme que as cousas se fagan mal. Pero bueno, como xa teño o despertador posto ireime ata alí a tomar un rico cafe con croisant, lerei o marca e despois enfrentareime outra vez á burocracía. E a medida que pase o tempo irase incrementando a miña mala ostia, ainda que dudo bastante que chegue o nivel de hoxe. E ainda por riba seguro que non son capaz de arreglar nada... pero bueno, por hoxe xa me quedei máis a gusto. Vou ir tomar unha caña por ahí e se alguén capaz de haber lido todo esto me ve por ahí que me avise que o invito a tomar algo.

Pero bueno, como ben dixen, todo isto era unha suposición, que total a min está ó caer que me toque o euromillones, ou no seu defecto, a quiniela hípica. Que me vai facer falta traballar a min... Hala veña, saude!


Pois eso, que que a gusto se queda un ¿non?

lunes 16 de noviembre de 2009

Hago ¡chas!

-¿Estás bien?
-Si, solo un poco mareada. Sigo una dieta para perder 15 kilos de aquí al viernes...
-¿Y qué dieta puede hacer eso?
-La de las estrellas del porno japonesas. Solo se come papel, peeeero puedo comer todo el que quiera...

miércoles 11 de noviembre de 2009

Hago ¡chas!

-Esta canción ten unha frase boísima.
-¿Cual?
-A de "aposté diez mil a Casandra y perdí".
-Pues yo no la entiendo.
-Vale, vou filosofar un pouco. Resulta que Casandra era filla de Príamo e seguramente tamén dunha tipa que non sei como se chama. Os griegos eran moi dados o amor homosexual, pero non andaban moi metidos no tema da adopción. No roubo de nenos si, pero non no da adopción con pais do mesmo sexo. Pero bueno, ó tema. A Casandra facialle as beiras un tal Apolo, que era o clásico Dios griego que tanto che vale para un roto como para un descosido. Sen embargo Casandra pasaba bastante del. El, como andaba enamorado e tal pois facialle regalos así parvos como pode ser a capacidade de ver o futuro. Ela, a pesar de todo seguía pasando del ,entón Apolo como castigo, cuspindolle na boca, fixo que ninguén crera as súas profecías. Ela de feito dixolle ao seu pai (que era o rei de Troya) cando ían meter o clásico cabalo de madeira na cidade que non o fixeran, que era unha trampa, ó que el seguramente contestou cunha frase do estilo "mujer, tu lugar está en la cocina" ou algo así. E claro, pasou o que pasou. Despóis levouna Agamenón (o gran Agamenón), fornicouna con ainco e tiveron xemelgos. Entón a frase esta da canción ven a significar que apostaches sobre algo que era seguro e perdiches porque a tipa tivo que mentirche, posto que sabía cal era a opción correcta e non cha dixo.
-Muy bien, ¿y tú como sabes todo eso?
-Non é cuestión de sabelo, basta con que o digas nun tono completamente convencido e ter a certeza de que a persona que te está escoitando non o vai consultar na wikipedia.

lunes 26 de octubre de 2009

Last train to London (y van 5)

Ola chavales. Como fai uns días que non vos informo sobre a vida en Londres, hoxe vouvos facer unha breve ruta turistica pola aldea esta.

Londres ten o problema de que as cousas para ver pechan moi cedo, e non están tan pegadas como en Roma, que a medida que vas andando xa vas vendo todo. En Londres non, en Londres hai tirada entre cousa e cousa. Ademáis, na miña experiencia, as cousas que están xuntas non valen moito a pena. Vou poñer un exemplo. Ti colleste o metro ata Saint Paul, sales da boca do metro, daste a volta e ves unha marabillosa catedral (Ou se fas coma min, sales do metro e sigues para adiante un kilometro ou así e despóis preguntas). A catedral de Saint Paul... a ver... porrenla en comparación coa de Santiago (bueno, moi bonitiña asi en marmol blanco e todo eso pero nada, non hai color). Baixando coa intención de cruzar o Tamesis, tes a un paso a ponte do millenium (Millenium Bridge, como era de esperar por outra parte). A ver... tamén e porrenla en comparación coa ponte do milenio de Ourense. A verdade e que habia unha cantidade de xente mundial na ponte esta, pero é unha cousa cativa de carallo. Esta ponte desemboca nunha antigua central electrica reconvertida a museo (Tate Modern ou algo así). Eu xa facía anos que tiña a sensación de que entrar nun museo que poña "moderno" ou "contemporaneo" é unha perda de tempo (sen embargo, se para o ano que ven acabo en Nova Iorque como teño pensado vai ser ineludible a visita o MOMA). Pois eso, que tendo o MARCO en Vigo irse alá a proposito a ver o Tate MOdern este de marras pareceme excesivo, case tanto como ir a Vigo a ver o MARCO. Todo porrenla. Polo menos do MARCO saín dunha volta cun paquete de cromos, mentres que do de Londres saín con moitas dudas. ¿Por qué un fulano que chanta un espello no medio dunha sala se pode considerar artista? ¿que significaba o cuadrado amarillo pintado na parede cun somier dunha cama colgado dunha escarpia? ¿que significaba a palmera xigante tirada no chán? ¿e a reproducción da Venus de Milo rodeada de manoplas? Pois eso, xa sabedes, arte moderno...

Sen embargo en Londres hai outras cousas dignas de ver. O primeiro día que fixen turismo por ahí (e por recomendación de Justine) deixeime caer por Westminster. Como ten parada de metro propio decidín tomar ese medio de transporte. O metro é unha cousa extraña. Mentres que pola estación de Cesures pasa un tren cada 3 horas, por unha estación de metro pasa como moito cada 3 minutos. E sin embargo a xente corre por medo a perdelo. E empuxanse uns ós outros como si lles fose a vida en eso. Non sei, será que son de aldea e nunca entendín o tema das prisas. Pois eso, chegei a Westminster e a riada de xente que saia do metro levoume a subir unhas escaleiras e ver a luz do día. E de frente un edificio en obras. A riada saía cara a esquerda e eu deixeime guiar, porque eles saberán a onde hai que ir. Enton crucei un río e dinme de conta de que empezaba a aparecer nun feixe de fotos que a xente sacaba cara algo que quedaba ás miñas costas. Dinme a volta e alí estaba. Rodeado dunhas vallas na súa parte inferior debido a algún tipo de obra, levantabase o Big Ben, que como o seu propio nome indica e big. Eu incluso diria máis, very very big. De feito máis tarde cando volvín a coller o metro para voltar para a casiña mirei para arriba dende a a porta pola que saín e comprendín que era normal que non o vira, o que tal hai que levantar a vista. Que dolor de pescozo. E bueno, por esa zona está o London Eye, os xardíns españois (que solo van ver os españois creo eu) e a abadía de Westminster (que sabe dios qué é unha abadía, pero como dicia Joey o de Friends, realmente é a mellor abadía que vin na miña vida).

Entre outras cousas frikis de londres (que hai miles e miles) atopamos unha curiosa en Baker Street. Seguramente a algúns vos sone o nome desta calle por unha entrañable canción de chunda chunda. Os que sexades un pouquiño mais frikis igual vos sona pola versión orixinal de Gery Rafferty (non sei como se escribe). Pero para os que sexades suamamente máis frikis seguramente saberedes que no 221 B desa rúa vivía Sherlock Holmes. Ahora mismiño hai alí o museo do detective (e na saida do metro hai unha xeitosa estatua súa tamén). Na porta do museo esperate un fulano vestido con capa, un sombreiro galáctico e fumando en pipa (estará concienciado co do cambio climatico e para aforrar papel...). Bueno, pois eso, un feixe de frikadas.

Unha visita obligada é o British Museum. Cheo de cousas de artistas britanicos, estaredes pensando vos meus benqueridos pero ignorantes lectores... Pois non, é toda unha colección dos saqueos que os ingleses fixeron polo mundo. Eu creo que non se levaron o Peñón de Xibraltar para alá por non poñerse a picar (que claro, atopate ti uns esclavos andaluces que den un pau a ajua...) Alí había de todo: os frisos do Partenon, movidas dos esquimales, miles de millóns de pezas de vaixela da dinastía Ming (e da Quing)... De feito hai tal cantidade de louza do chinorris que por eso acabaron popularizando o de levar a camida en caixiñas de cartón en vez de en platos. Pero eso non é nada. Para mín o roubo mais espectacular foi o dun Moái da Isla de Pascua. Curiosamente na plaquiña explicativa xa pon: Esta estatua roubamola ou "tomamola prestada" da Isla de Pascua no ano X (sendo X unha incognita para min por falta de memoria). Pero sin embargo esta non é a maior atracción do British Museum. O centro de atención alí e a pedra de Rosetta, empregada por Champollion para descifrar que nos contaban os exipcios cando escribian nunha parede: paxaro, flecha, flecha, arco, sol, fulano con media area bailando raro. Pasei por diante da pedra unhas 3 veces pero nin me din de conta (a verdad e que últimamente ando despistadisimo). E eso que é grande, que o fulano que a fixo non coñecia o concepto do "diccionario de bolsillo". E bueno, impartindo cultura vouvos enseñar cómo funcionaba o tema, e dicir, cómo escribian os exipcios. Para escribir "gato" eles íanse á onomatopeia, e dicir, o clásico miau (que para eles e "miw"), entón o que facían era escribir o simbolo do M, despois o do I, e despois o do W (ou duas veces o do V, eso xa non sei). E ata ahí moi ben, se non fora porque despóis sentian a necesidade de debuxar o que ven sendo un gato. Joder chavales, se ides debuxar o gato pasade de escribir o miau este de marras, ¿vale? Se en vez de dar tantas voltas para escribir gato simplemente fixeran o último debuxiño, co tempo que aforraron podían haber feito un par de piramides máis, ou incluso unha bonita urbanización de piramides con piscina.

E eso, que vin un feixe de cousas máis, pero estas parecenme as máis salientables, e como estou ata o carallo de escribir, e vos de ler pois vouno ir deixando. Esta é probablemente a miña penúltima entrada sobre a vida londinense. A ver se en breves vos conto temas de sair por ahí, onde beber, e que che contesta un camarero cando lle pides duas estrellas e unha tapa de callos. Ala guapitos de cara, xa nos veremos. See you!

viernes 23 de octubre de 2009

Hagakure Aikido (4)

-¿Una copa mientras deciden la cena?
-Sí, gracias, para mí lo de siempre.
-Y el señor...
Pude haberme puesto contemporizador y tener la fiesta en paz, pero se me fue un poco la olla.
-¿Sabe lo que es un Vichoff?
-Pues, temo que no, pero quizá si me indicara cómo prepararlo..., nuestro barman hará lo que pueda, estoy seguro.
-Fácil: vodka helado aromatizado en el mezclador con unas gotas de limón. Se sirve en vaso largo con mucho hielo y se añade otra parte de agua de Vichy bien fría. Admite también una ramita de menta. Si se les ha agotado el Vichy serviría cualquier agua carbónica. Y si se ha agotado el barman servirá también cualquier camarero.
El tipo se mantuvo impertérrito:
-No hay cuidado, en nuestro establecimiento no se nos agota nunca nada, ni siquiera la paciencia. Entonces... ¿Campari con naranja y... Vichoff?

jueves 15 de octubre de 2009

Last train to London (y van 4)

Ola. Moito se fala de que os ingleses teñen un horario moi distinto do noso, pero é mentira, polo menos ata onde eu puiden investigar. As comidas e todo iso fanas practicamente á mesma hora, coa salvedade da cena, que si é máis cedo, motivo polo cal as 7 como moi tarde a peña xa está entrompando (mete medo a cantidade de xente que ahí nos bares).

A pesares de todo iso, non me prodigo en exceso na vida nocturna debido a que a miña rutina diaria comeza as 7 da mañá apagando o despertador. As 7:30 volvo a apagalo e, despois de reconciliarme co mundo, pegome unha soberana ducha sen tocamientos impuros. Por certo, dende que estou aquí retomei o costume de durmir sen almofada (xa facía 5 anos ou así...). Por outra parte agora durmo completamente en pelotillas (oes, que sensación de libertad sen gallumbos nin camiseta vella...). Sei que tal vez este último dato non o precisabades pero bueno, ó que íamos. Despois collo o metro en seven sisters e seis paradas despois (Oxford Circus) collo un rico café do Starbucks (que é coma o McDonalds do café, polo que non me extrañaría que levase unha certa cantidade de unto, pero a min gustame, viva a globalización, que carallo).

Despois de andar uns metros chego á escola na que boto tres horas diarias. Debo recoñecer que non tiña unha tasa de asistencia a clase tan alta dende que estaba na EXB. Dame clase un fulano chamado Rhys, que é un ano máis novo ca min (o que me fixo plantearme algunhas cousas). O feito de que xa esté divorciado tamén me fixo pensar, pero en outras cousas. Como estamos nun nivel intermedio alto o seu sistema didactico basease en pasar de enseñarnos teoría (porque da por sentado que a sabemos) e dedicase a ler o periodico e comentar as noticias que lle parecen interesantes. De feito a semana pasada atopou unha duns fulanos que ían trompa pola calle e se meteron cunha parexa de tipos que levaban vestido de noite e tacóns. Resultaron ser loitadores profesionais nun día destes de "ven disfrazado o choio". E dicir, os trompas levaron unha carrada antolóxica (e ainda por riba apareceu outro disfrazado de spiderman que repartiu ata aburrirse). Polo tanto a semana pasada aprendín unha chea de vocabulario sobre travestismo, peleas callejeras e efectos do alcohol. A verdade e que o curso é boísimo.

Na escola somos un equipiño xeitoso. Vouvos falar un pouco da peña:

- Rafa. O primeiro día, e respetando a miña tradición máis arraigada cheguei un pouco tarde (apenas hora e media), e senteime no único sitio que quedaba libre. Cadrou que xusto me sentei o lado de Rafa, un fulano de Carballo. Un gran tipo. A conta de falar en gallego na cafeteria tivemos o placer de coñecer a 3 galegas máis que estudian en Pontevedra. Boa xente.
- Lucia, de Avila. Unha gran tipa. Empezou o curso o mismo día ca min.
-Ana, de Barcelona. Tamén moi boa tipa. Acaba de terminar empresas. Penso que non ten moito problema de pasta porque vaise botar un ano aquí, nun piso polo que paga 150 libras semanales, máis 400 ó mes de curso. Sobre 1000 libras ó mes, e ía buscar traballo, pero ahora pasa porque lle da pereza...
-Ana de Brasil. Simpatica ela pero un pouco relamida. Estudiou periodismo e ahora traballa facendo pequenos reportaxes para unha web brasileña. Evidentemente sobrevive como camarera de catering.
-Eduardo de Brasil. Actor en paro pero moi bo tipo a pesar de eso.
-Natalia de Brasil. Ten 24 anos e está casada. Esta si que está podre de pasta (ou ela ou o home). O fin de semana pasado foron ata Roma e este vanse a Paris. Avogada ela e moi simpática tamén. Ah! Non ten bazo.
-Kiu, japonés. Pronunciase raro asique alguén decidíu chamarlle Gery, e por suposto xa lle quedou. Malla gimnasio (de feito parece o malo dunha peli de Jackie Chan), non se entera de nada (pero nada), suele chegar tarde e marcha moi cedo e de tapadillo. É un tipo raro, pero creo que se fai o interesante (conseguindoo por outra parte).
- Shu-ta (ou como se escriba) japonés tamén. Este é criminal. Bota algunha boisima. Por exemplo, resulta que temos un descanso de 20 minutos que os españoles "dilatamos", e Rhys chamounos a atención. Shu-ta dixo en perfecto castellano "no os echeis una siesta". Tamen coñece expresións como "me cago en la puta" o "tu puta madre". Ten perilla e leva sombreiro. Non sei, e como o de el retorno de Kung-Fu.
-Unha que non sei como se chama, coreana ela (do sur). Moi calada, e cando fala faino moi baixiño. De feito o outro día Rhys puxonos a todos a falar tipo taberna e fixo que ela se puxera nunha punta da clase e conseguiu q todo o resto nos enterasemos do que ela dicia. Despois baixamos a unha taberna e volveu a facerllo. Ten 26 e vai para profesora. É a clásica chinorris de libro, que non sabes si ten os ollos abertos ou pechados, pero tamén moi boa tipa. Non falamos alá moito, pero moi ben.
-Andrés, de granada. Enfermeiro que curra nunha ambulancia. Organizou o viaxe coa moza e cortaron a semana que chegaron. Tiveron que vivir xuntos un mes. Marchou o sabado pasado e collemos unha boa trompa de despedida (demos cun sitio coas pintas, que creo que son sobre 587 ml, por menos de 2 libras).
-Alejandra, colombiana. Rara de collóns.
-Manuela, tamén colombiana. Subirona ó nivel "son o rei do mambo" pero pasase os descansos con nos. Moi boa tipa. É de Medellín e estanos enseñando que en Colombia hai algo máis que drogas.
-Yu, japonés el. Tamén o subiron de nivel (ainda que o deste debeu ser soborno ou algo así porque non fala un carallo).
-E para o final deixei á miña favorita. Mickey (si, como o rato, e de feito ten unha foto en disneylandia con el). Vive nunha cidade a 20 minutos de Tokio (o que non me aclara nada, porque co tren bala este que teñen poden ser bastante máis de 100 Km). É un deses personaxes dignos de estudio, deses que cando morran me gustaria disecar e poñer no salón da miña casa. Os primeiros días non tiven moito trato con ela pero a raíz de que un día nos sentamos xuntos e vin o seu diccionario xapones-inglés edicion especial Hello Kitty pois non tiven máis remedio que empezar a vacilala. E ponnolo fácil porque sempre derrama o seu chocolate no descanso, parece que ten unha enfermedad (como o niki cos cubalibres na sua mellor epoca). Sostiña a teoria de que en xaponés non existen tacos (outra das maxistrales leccións de Rhys versou sobre o insulto, a descalificación personal e a enfatización das frases por medio da particula "fuck" ou "fucking"). Sen embargo cando Shu-ta dicía un, ela riase e poñíase colorada como se tivese 7 anos (ten 23). Ahora, convencida de que si existen, dedicase a enseñarme tacos en xaponés e, ademáis ten un xogo conmigo semellante ó mítico "culo o codo" do hormiguero. O noso xogo chamase "xaponesa ou coreana" e a verdade hei de recoñecer que lle estou collendo o truco o asunto (coas tipas e bastante fácil ahora). Outro detalle gracioso e que nas fotos pon cara de chinorris, e dicir, estira o pelexo de onda os ollos para que pareza que os ten rasgados. Ser é unha tonteria, pero si llo ves facer a unha xaponesa con catro pintas parteste o cu.

E ata aquí temas académicos. Mañá a ver se comezo a escribir sobre que ver, que facer, que non facer, elfos, e demáis movidas londinenses.

Con isto remato e... ¡gooool! Hala veña, ata logiño.

martes 13 de octubre de 2009

Last train to London (y van 3)

Ola peña. ¿Por onde quedei da última volta? Bueno, nn sei. A verdade e q se me colou unha entrada que programei fai un tempo cunha data completamente aleatoria, pero xa que está ahí non me vou poñer a borrala. Asique hoxe vouvos falar un pouquiño do que ven sendo o meu novo lar e tamén da peñita q me rodea.

Vivo na actualidade no que ven sendo o cu do mundo (como antés, que tamen vivía onde cristo perdeu as sandalias). Para que vos fagades unha idea, ¿sonavos Dos hermanas? Está lexos (andalucia). Pois eu vivo en seven sisters (e dicir, o máis alá).

Vivo na esquina das rúas Morrison e Loxwood, dando a nosa cociña a un xardin interior que comunica 3 casas, sendo a que vivo eu a da esquerda, na da dereita vive máis peñita desta que comparte vivienda, quedando a do medio para os meus asiaticos caseiros, Diana e Primo (si, chamase Primo), tamén coñecidos como "filipain" por Eva, Reme e Paty (das q vos falarei en breves).

A miña casa e amplia e bastante xeitosa, ten todalas comodidades e a verdade é que estou contento aquí. Personalmente tocoume a habitación grande (unha cama de aquí a mañán, tele, un bo ventanal...). Hai 2 cuartos de baño, unha cociña q ten de todo (menos lavadora, pero compensano con 3 neveras), un salón tirando a pequeño (con ordenador e internet para o noso uso e disfrute), e un amplio xardín con algún gato e ó fondo un extraño templo cunha virxe parecida a dos milagros de Requián, flanqueada por vishnu, un buda, dous gnomos e un gato de porcelana. Debe ser que os filipain están preparados para a multiculturalidade que os rodea. Outro apartado bo (por non dicir o chollazo que temos) é que a filipain ven todalas mañás a limparnola cociña e mailos baños (de feito onte marcharon de vacacións a Florida e mandaron á irmá a que nos limpara). Esto é marabilloso.

A casa ten 5 habitacións nas q vivimos (vivíamos) 7 personas e que vos presentarei segundo orden de aparición:

- Thomas, polaco el. Un cacho de pan o tipo. Traballa de repoñedor nun super (o tesco, un clásico aquí).

- Reme, extremeña ela. Simpática (esto é un eufemismo evidente) pero nin papa de inglés.

- Eva, extremeña tamén. Moi cachonda, pero bastante estúpida. A pesar de todo e gracias á miña desorbitada hipocresia levamonos ben. Tamén nin papa de inglés.

- Paty, tamén extremeña e conocida internacionalmente como "María Paz, eres una fresca". Moi simpática a pesar de chamarme galleguiño. Marchou o sabado. Unha pena.

- ?????, iraní ela. O nome pronunciase moisa (tocate o carallo). Estudia MBA. Eu levome ben con ela ainda que hai pique entre ela e as extremeñas que quedan, por falta de comunicación (como as outras non falan inglés botan o día falando en castellano e bueno... a iraní sintese marginada). Vive co mozo. Alemán el e probablemente alcólico. El non sei como se chama (e bueno, tampouco me importa moito). Teñen un fillo (cada un pola sua conta, e intuio q perderon a custodia, el fijo).

Apenas estou sacando fotos (por pereza máis que nada) e tamén porque me dín conta de que ó final non as miro nunca, quedan ahí para a posteridade pero nunca se me da por botarlle un ollo, asique cando queira recordar algo que vín pois podo miralo en google, que xa me aparecen fotos bonitas sacadas con camaras reflex e movidas así. Evidentemente hai fotos que non se poden ver en google, como esta que vos vou poñer.


Tratase como podedes observar de dous entrañables pirados (que deses hai moitos por aquí), xogando o tenis en calzoncillos á beira do Tamesis (a un paso do Big Ben e do London Eye).

Estoume adicando a escribir esto dende o mobil mentres vou en metro, e levame o seu tempo. O acabar esta entrada empezarei outra e xa veremos para cando está. Hala veña, suerte!

sábado 10 de octubre de 2009

Hagakure Aikido (3)

- Así que ya está -dijo Arthur-, vamos a morir.

- Sí - admitió Ford-; a menos que, ¡no! ¡Espera un momento! De pronto se abalanzó por la cámara hacia algo que estaba detrás de la línea de visión de Arthur-. ¿Qué es ese interruptor?

- ¿Cuál? ¿Dónde? -gritó Arthur, dándose la vuelta.

- No, sólo estaba bromeando -confesó Ford-; al final, vamos a morir.

Volvió a desplomarse contra la pared y siguió con la melodía por donde la había interrumpido.

- ¿Sabes una cosa? -le dijo Arthur-; en ocasiones como ésta, cuando estoy atrapado en una escotilla neumática vogona con un habitante de Betelgeuse y a punto de morir asfixiado en el espacio profundo, realmente desearía haber escuchado lo que me decía mi madre cuando era joven.

- ¡Vaya! ¿Y qué te decía?

- No lo sé; no la escuchaba.

jueves 8 de octubre de 2009

Last train to London (y van 2)

Pffff, que pereza poñerme a escribir, sobre todo porque accidentalmente mordín un dedo (o pulgar concretamente) e ahora doeme cando lle dou á barra espaciadora. Pero bueno... Ola! E benvidos a este marabilloso e refrescante espacio no que vos relato algunhas cousiñas da miña estancia en este país no que se paga con dinero de la reina.

Quedeime da última vez en Apu. A primeira vez que falei con el foi o luns pasado. Como vin un bote da mitiquerrima gomina Giorgi (coa literatura toda en castellano) pregunteille si era de por aquí, ó que el me contestou (máis ou menos): "¿En serio te parezco español?, si soy moro de arriba a abajo". Realmente no dixo esto, pero foi o que deu a entender. Comenteille que eu era español, o que el contestou (tamén máis ou menos): "Oh, España es bonita, de hecho mi pueblo estuvo allí durante 8 siglos..." Recollo estes intercambios de opinións en castelán (ainda que realmente sucederon en inglés), para que vos (meu ignorante público) comprendades o que se dixo e ó mesmo tempo se note que realmente mantiven esta conversa nun idioma complexo, abstruso e que apenas emprego.

Pois eso, que Rehda á primeira vista parecia un capullo de carallo, pero como perro infiel que é ,Dios (o de aquí, non o de Alá (ja ja ja)) decidiu castigalo a base de insomnio (e a verdad é que estaba jodido de carallo). O luns intentou conseguir durmir a base de dar un tremendo paseo, que segundo calculou co google maps saiulle en 20 km, pero o cansancio non fixo mella e non conseguíu durmir. O martes recurriu á clásica pero sempre efectiva opción dunha boa trompa de bacardi cola (gran elección) pero tampouco tivo sorte, asique o mercores recurriu a unhas pastillas de non sei que. Teño que recoñecer que non o volvín a ver. Supoño que non lle pasou nada, pero por se acaso... Suerte Apu, e que sexas feliz en el cielo de los perros.

E seguindo co tema do alcol e das drogas... O sábado a eso das oito da tarde ía sair da casa para ir a tomar algo cando me atopo á Justine e a outra fulana pañando unha soberana trompa de tequila. Pero tequila reposado (así de color dourado) que en vez de con sal e limón, pois tomase con canela e naranxa. Deixaron fino de carallo o sofá a verdad. Pero intercambiei unhas cantas palabras con esas bebedas femias. Resulta que ambas son amigas da infancia, estudiaron xerencia de empresas e ambas falan un idioma extranxeiro. Pensaredes vos... sendo inglesas ese segundo idioma será alemán, español, italiano, francés, xaponés ou algo así (algo que poida parecer útil...). Pois non, ambas falan lituano. Xa ves, como depilar a espalda cunhas pinzas...

E bueno, comentar que xa non vivo con ela dende o luns. Mañá, se sigue chovendo coma hoxe empezo a contarvos onde vivo e con quen (que tamén ten tela).

Aparte do que é o tema do piso pois vouvos contar algunha cousiña que fixen estes días. Este fin de semana fun a Harrods. A miña irma pediume que lle truxera unha bolsa vacia de Harrods para fardar no Eroski (como che devolven un centimo si levas bolsa, sacar unha de Harrods ten que ser o máximo que hai), asique fun ata alí e compreille uns detalles os meus sobriños. Empecei por arriba de todo, porque abaixo estan os cosméticos e a min é algo que me reventa. Sección de deportes (quinta planta). Moi chachi, moi pijota e había un futbolín que valía a nada despreciable cifra de 13000 libras de nada. Evidentemente poñía non tocar e había peña sempre pendiente del. Baixando unha planta esta a xoguetería. E triste dicir esto ós meus 26 anos, pero alí invertin o 95% do tempo que estiven en Harrods. Disfrutei como un enano. Chegan a entrar os meus sobriños alí e dalles una embolia asimilando tanto xoguete. Ademáis e un sitio simpatico, os dependientes xogan cos rapaces, van disfrazados, e o que é máis importante, si eres adulto deixanche facer o gañán canto che sale das pelotas. Peeero, chegou un momento no que sentín ¿meambre? En fin, dar co baño é un tema complicado pero cando estas entrando pola porta notas un lujo, un poderío, un derroche... que non podes deixar de pensar esa mexada non che vai salir por menos de 30 libras (si cobraban en Termini...). Ese temor polo teu bolsillo volvese temor polo teu cu, cando o botar a man ó pestillo alguén axuda a abrir dende dentro, e ves a un tipo traxeado coa etiqueta de Harrods no peito que te sauda sonriente. O fulano era grande como unha mole, negro como un tizón e enfundaba as súas mans nuns elegantes a la par que prácticos guantes de latex. O dito, a mexada con máis mal rollo que botei na miña vida.

Para relaxarme un pouco decidín baixar á sección de home e a verdad é que é un pouco pijota (Armani, Dolce & Gabanna e peñita por el estilo). De feito na zona de Armani tiñan pianista propio (eso si que é derroche, tiñan que haber contratado a Cristiano Ronaldo para que pasara uns canapés pola sala). Curioseando por ahí vin uns marabillosos pantalóns vaqueros de Dolce & Gabanna destes que veñen gastados xa de fabrica (chego con eses pantalóns a casa e miña nai pasaos pola tixeira para facer cintas coas que atar as xudias ás varas). O tema é que os pantalóns apenas costaban 400 e pico libras (o que aquí se coñece vulgarmente como salario minimo interprofesional) asique me dixen "que carallo, imos a probalo". Joder, que gustazo nas pelotas. E non solo polo feito de que os pantalóns costaran 400 libras e puideras dicir o de que clase tienes (que tamén), se non porque a verdad e que eran comodos, e realmente as miñas pelotas sentironse máis comodas que cuns pantalóns do espolón. Non tan comodas como para gastar 400 libras pero certamente máis comodas. Solo me quedou o resquemor de haber ido duchado. Ten que ser unha putada gastarte esa pasta nuns pantalóns que xa ocuparon unhas pelotas sudadas.

Bueno, vouvos ir deixando porque me quedan uns tochos impresionantes. Un día destes falovos da miña nova casa e da xente coa que coexisto. Salud!!

miércoles 30 de septiembre de 2009

Last train to London

Ola chavales.

A pesar da miña axetreada vida por esta aldea situada ó norte da Coruña e coñecida vulgarmente como Londres (ou London para os que falen inglés) pois atopei un hueco para contarvos algunha das miñas peripecias.

O domingo pola mañá espertei e pensei que xa estaba todo listo, só me faltaba preparar a maleta. Asique como ía con tempo decidín afeitarme (que cona, para unha vez que o fago...). Entón sonou o teléfono (moito me jode cando sona o telefono mentres eu me adico o meu aseo personal e intimo). Era unha mensaxe dunha fulana chamada Justine (da que posteriormente vos falarei) e que era a tipa que me buscaba onde vivir e todo iso. Ovis sabe que ía vivir por Candem porque llo comentei o sabado pola noite. Sen embargo despois desa mensaxe ía vivir en Torrington Road, cousa que por exemplo sabe Cachote, porque fun ata o caseto para ver como chegar dende o aeropuerto ata onde ía vivir, e coincidín con el para tomarlle eses callos mañaneros. Despois volvín a casa fixen a maleta e todo listo.

Despóis montei no avión e fixeime nas instruccións de emerxencia estas que fan a modo de coreografía as azafatas, perdón, asistentes de vuelo. Resulta que si nos metemos unha ostia del copón nesa aeronave máis pesada que o aire, provista de alas, cuxa sustentación e avance son consecuencia da acción de un ou varios motores, e por casualidade somos tan duros como para que a ostia non nos mate, pero poidamos perecer afogados pois o que hai que facer é tirar fortemente da tira vermella que sobresae debaixo do asiente, tirar formente da cinta de plastico que pecha o embalaxe, e tirar fortemente do pitorriño vermello para que se infle. A ver, isto e darwinismo puro e duro, solo o máis fuerte sobrevive. Si eres un tirillas e viaxas en avión estas abocado a palmar. Nese momento pensei que si querían que sobrevivira un ser superior a un accidente de avión (un tipo Jack Shepard) o que tiñan que facer era:

1.- Para collelo tirar fortemente da cinta vermella.
2.- Para sacalo do envoltorio resolver unha raiz cuadrada.
3.- Para inflalo dicir cal é a capital de Moldavia.

Unha vez chegados a Londres fun a recoller as maletas e mentres aparecían pola cinta encendín o mobil. Xusto nese momento soname o telefono. A Justine esta de marras. Preguntoume se recibira a súa mensaxe e todo iso e despóis soltoume unha tremenda caldeirada da que non me enterei de nada. Debe de ser a sensación que ten a xente que fala comigo cando estou trompa, pero sen o bafo a alcol. Antes de colgar dixome que me ía mandar un sms. Debeu notar que non me enteraba de nada, porque a tipa non é parva, si ve unha colilla sabe que se fumou.

De ahí a un pouco chegame un sms dicindome que a casa de torrington road tampouco pode ser. Que colla o metro ata Leyton e que ó sair vire á dereita e vaia ata a parada de taxis e alí colla un ata a nova dirección que me indicou (e non vou revelar polo ridiculo do nome da calle). Saín do aeropuerto e había esperando sobre uns mil millóns de gitanos (aprox) chegando a pensar si ese avión realmente non me transportaría no espacio e no tempo ata o meu traballo do domingo polas mañás. Comprobei que non e seguín coa miña misión. Unhas 30 paradas de metro despois xa estaba en Leyton. Saín da estación e evidentemente collín para o lado que non era. Alí me atopei co segundo pirado en menos de 5 minutos. Un fulano coa cabeza rapada e comendo medio kebab (o outro medio íao esparcindo pola roupa) acercouseme e dixome: "Do you know what? (sinalandome co dedo, con cara de mala ostia e un tono serio) Happy birthday to youuu!" e deume un abrazo rápido. Non me manchou. Despóis marchou e eu fun cara os taxis.

Nos taxis despachoume un señor de aspecto arabe (por aquí hai moito arabe e negro, tamén hai algún inglés e varios que podemos definir como ingleses de libro, deses que cando van abrir a boca solo esperas que digan "listen and repeat"). Montei no taxi de copiloto (é raro, porque nos taxis sempre me monto atrás) co fin de comprobar si se fai raro o de que conduzan do outro lado. A ver, sabes que conducen ó revés, pero cando vas dando unha curva (que tes algo menos de perspectiva) e ves que polo carril polo que normalmente andas che ven de frente o mítico autobús vermello de dúas plantas acabas sufrindo (chorreo y canguelo que dirían algúns). Chegamos á casa. Petei na porta (porque non hai timbre) e saliume unha tipiña en pixama. A Justine esta de marras. Explicoume que na primeira casa á que ía ir quedou sen auga, e a segunda sen electricidade (cousas que pasan, a semana pasada cando fun a Vigo cortaranlles a luz e tivemos que ir Eloy e máis eu a pagar a auga que se non tamén a cortaban...). Pero bueno, o tema e que tiven que quedar na casa da Justine (manager da empresa esta de alojamientos). A casa por fora ten como moito 5 metros de ancho (por dentro evidentemente tamén) pero despois e como a mansión dos Shefield. Hai de todo. Pantallón de plasma, wifi, algunha guitarra, a nevera chea, e bueno, si fora do meu interes tamén diría que ten unha sucursal da de Muchas debido ós miles de millóns de cosmeticos e productos de limpeza que ten. Pagoume o taxi gentilmente e pediume disculpas por todo o sucedido. Por min a verdade mellor, esta casa é unha gozada, solo lle falta facerme de comer (te e café xa mos prepara...)

En fin, sei que o estades esperando asique... a tipa ter ten boa teta, pero unha cara de inglesa moi inglesa. Traballa dende casa a maior parte do tempo asique estes tres días vina coa misma roupa. E bueno, ten que ter unha factura de telefono que para imprimila fai falta a celulosa de media selva amazonica.

E bueno, para acabar de comentarvos as impresións da chegada pois dicir que tamén tivo que acoller aquí a un Apu destes da vida, dos que cando escriben no msn en vez de letras aparecen garabatos destes que salen en Al-Jazeera. O parecer chamase Rheda ainda que se pronuncia Radja, o que me fixon pensar inmediatamente en Rajesh Koothrappali. Despois funme deitar porque era tarde e o luns era día de escola.

Como isto me esta quedando un pouco tocho, voume despedir e si eso xa vos contarei máis movidas máis adiante. Si se me pasa recordademe que conte a primeira conversa que tiven con este fulano.

Veña chavales, voume deitar que estou aquí perdendo de durmir solo por satisfacer as vosas curiosidades. Hala veña, un saudiño dende a casa de Justine. Bye bye sweeties!!